Blogs en WordPress. Contidos dinámicos

Unha das funcións máis importantes e mellor resoltas de WordPress é a creación de blogs. Aínda que se trata dunha funcionalidade que cae en desuso, adoita aproveitarse como unha sección de novidades ou actualidade para esa páxina web.

Así que hoxe imos a crear o blog / sección de novidades do noso congreso.

1. Comezamos co traballo de mesa e definimos categorías

Identifica os principais temas ou áreas temáticas que o teu blog cubrirá.

No panel de WordPress, vai a 'Entradas' e logo a 'Categorías'.

Crea as categorías principais que servirán como pilares temáticos para as túas publicacións. Unha delas ten que ser "novidades” ou similar, porque deber ser un “caxión de sastre”.

Ollo co slug (como se verá na URL)

Pon unha descrición sempre para cada categoría.

Muda nos axustes > escritura a túa categoría principal, e borra a categoría “sen categoría”ou “uncategorized

2. Uso de etiquetas

Determina palabras clave ou temas secundarios relacionados coas túas entradas. As etiquetas axudan a detallar o contido de cada entrada e a conectar temas similares.

Dentro do panel lateral de 'Entradas', accede a 'Etiquetas' e comeza a crear as que consideres pertinentes.

Non fagas moitas, en cada entrada do blog poderás ir creando máis. De feito, é máis operativo ir creando as etiquetas en cada entrada.

3. Creación de entradas para o blog (mínimo 4 entradas)

Escolla do Tema: Decide sobre qué tema queres escribir, asegurándote de que se alinee cunha das categorías que definiches anteriormente. Pensa en contidos que poidan ser informativos, educativos ou de interese para a audiencia obxectivo do blog. Debe estar alineado co target da túa web.

Dentro dos materiais facilitados pola organización do congreso tes neste documento material para crear a primeira entrada (unha nota de prensa)

BORRADOR TEXTO - REVISTA AE-IC (abril, 2025).docx

15.2 KB

Pasos para a creación de cada entrada: