Elementor é un dos constructores de páxinas máis populares para WordPress, permitindo aos usuarios deseñar e personalizar sitios web sen coñecementos de programación. A partires desta práctica, adicarémoslle unhas semanas a maquetar a nosa web ao gusto con este construtor visual

Obxectivo da práctica: Familiarizarse coa interface de Elementor e aprender a usar os widgets básicos para crear unha páxina simple.

Tarefas:

1.- Instala e activa o plugin Elementor.

  1. Vai ao teu panel de administración de WordPress.
  2. Navega a "Engadidos" > "Engadir novo".
  3. Busca "Elementor" utilizando a barra de busca.
  4. Atopa o engadido de Elementor e fai clic en "Instalar agora".
  5. Unha vez instalado, selecciona "Activar" para que Elementor estea operativo no teu sitio.
  6. Se che sae un titorial, busca a maneira de saír del.

2.- Configura o plugin Elementor

  1. Temos que configurar un novo método de carga do editor e a configuración so para páxinas e landing pages.

https://www.loom.com/share/83c9b9048a4d49afab9a5d483f740eae?sid=5a337540-767c-4b0a-911e-dc469a971538

3.- Instalamos plugins vinculados con Elementor

Imos aproveitar para instalar unha serie de complementos vinculados a Elementor que serán moi útiles nas vindeiras prácticas e na túa maquetación