Creación da cabeceira personalizada (header)
Aquí están resumidos os pasos, pero é aconsellable seguir os vídeos. Lembra que as prácticas son incrementais, se algo non está como debera ser, é porque - probablemente - non completaras un paso das prácticas anteriores.
Nos vídeos propoño un deseño, pero (sempre contando coa imaxe corporativa) ti podes facer as variacións que estimes necesarias.
- Ir a Plantillas → Engadir nova → Tipo “Header” (cabeceira).
- Crear desde cero no editor de Elementor (pechar a biblioteca se se abre).
- Estrutura base: un contedor principal con 2 columnas (aprox. 1/3 + 2/3) usando Flexbox.
Podes facer a túa estrutura, esta guía segue a proposta do vídeo, pero podes escoller a túa propia estrutura.
- Primeira columna: inserir o Logo (widget “Site Logo”).
- Configurar imaxe normal, retina e móbil.
- Retirar o título do sitio se non se precisa.
- Axustar tamaño (ex. 200–300 px) e aliñamento.
- Segunda columna: inserir un menú de navegación (por ex. “Elementskit Navigation Menu”).
- Seleccionar o menú principal de WordPress (xa o temos creado)
- Axustar aliñamento do contedor (centrado), espaciado e estilos:
- altura do menú,
- cor do texto normal, ao pasar o rato (hover) e elemento activo. Emprega as cores corporativas
- Fondo da cabeceira: aplicar cor de fondo ao contedor (ex. branco).
- Publicar e aplicar condición: Incluir → En todo o sitio web.
- Se non se marca, a cabeceira non se mostrará. Esta parte é fundamental. Se non a marcas, tes que ir a “theme builder” e abrir a plantill para aplicar a condición de visibilidade para todo o sitio web.
- Comprobar no frontal da web e corrixir estilos se algo non se ve ben (cores, hover, etc.).
📄 Creación do pé de páxina (footer)
- Gardar o contedor da cabeceira como plantilla (“Plantilla cabeceira”).
- Crear nova plantilla → Tipo “Footer”.
- Inserir a plantilla gardada e adaptala (así tamén probas a gardar plantillas e reempregalas noutras partes da web)
- Eliminar o menú se non interesa.
- Engadir un texto de copyright (por ex. “Feito con 💖 grazas a WordPress”).
- Engadir ligazóns (WordPress, Elementor, redes sociais, política de privacidade…).
- Axustar aliñamento á dereita ou centrado.
- Publicar e aplicar condición: Incluir → En todo o sitio web.
https://www.loom.com/share/56f399dfee454800b97d8813677a482c?sid=b9575601-117e-4668-a9b6-d6650f5ccfc6